Una Visión de Galicia

Una Visión de Galicia random header image

Gústame o galego:

August 22nd, 2009 · 5 Comments

É unha lingua fermosa, moi fermosa, máis cando a fala un galego (ou galega) destes que cando teñen que falar en castelán non atopan as palabras. O acento dos galegos é doce cando están de boas, e cando están de malas ten unha forza que non teñen outras linguas (e si non que o digan os poucos que me teñen escoitado berrar en galego…)

Nacín noutra terra, pero levo a Galicia no corazón, por ser a terriña dos meus pais e dos meus avós, por ser ese recuncho onde o verde manda sobre o gris, por ter os ríos e as fontes que ten, as termas, os castros, os carballos, os montes e as praias… e como non… as rías. Cánta fermosura en tan pouco sitio!

Mais Galicia non só é natureza, Galicia é historia, é pedras que recordan unha civilización antiga, Galicia é celta, é romana, é románica e barroca, é catedraís e museos, é cultura, literatura, escultura e arte. Galicia é Sargadelos, é Castelao, é Rosalía de castro e a súa negra sombra, Galicia é festas e orquestas, é peonza, chave e futbolín, si! futbolín, porque o inventou un galego, e menudo invento que foi! Si, a verdade é que Galicia é unha chea de cousas das que todo-los galegos deberíamos estar orgullosos. E digo deberíamos porque aínda que non nacín eiquí, síntome galega de corazón porque as miñas raíces ficaronse tamén nesta terra da que collín e aprendín moito grazas os meus pais e grazas a que xa levo uns anos vivindo nela, e non sabedes o moito que me gusta vivir eiquí… é un soño feito realidade.

Por iso naceu iste pequeno blog, para poder compartir con vos a miña visión deste fermoso lugar onde teño a sorte de vivir, porque é unha forma de que a miña nai, que sigue en Venezuela, poda ver todo-los recunchos que coñezo desde que viñen, e porque isto faime sentir un pouco máis preto dela, do meu pai e do meu irmán aos que boto moito de menos, como din, teño saudade deles…

O bo desto é que ademais de chegar a eles tamén poden entreterse co meu blog outros tantos os que me aleda moito poder amosarlles Galicia como eu a vexo, unhos a coñecen moito mellor ca min, outros non a coñecían (os que menos) e outros tantos sinten esa tan coñecida morriña cando ven algunhas das fotos deste fermoso lugar.

E si, gústame moito o galego (e os galegos… ^__^), por iso hoxe escribo estas verbas nesta fermosa lingua. Aínda que non teña a costume de falalo, non por iso deixa de gustarme ;-)

Pido perdón polas grallas… é a falta de costume… apertas a todolos que toman o tempo de pasar por eiquí a lerme.

MJ

Tags: Uncategorized

5 responses so far ↓

  • 1 iago // Aug 23, 2009 at 11:06 pm

    Graciñas por escribires na miña (nosa) língua.
    Non tes porque pedir perdón polas grallas (por certo, unha verba que non moita xente coñece, inclusive paleo-falantes) porque aínda que as tés son moi normais e lóxicas pois estás aprendendo. Algo moi loábel é que poñas interese en aprender, escribir e falar a língua dos teus pais, dos teus ancestros. Creme cando che digo que moitos galegos que nasceron eiquí escreben o galego moi mal e teñen moito que aprender de tí.
    Novamente Grazas ^__^
    Bikos

  • 2 Manuel L. Rodrigues // Nov 14, 2009 at 12:49 pm

    Parabéns a Mari, que se animou a empregar o galego, que por certo, escribe como galega que é… perfectamente.

    Unha forte aperta!!!

  • 3 Sebastian // Nov 21, 2009 at 1:47 am

    Estimada Mari,
    Te felicito pola tua escritura tan bella e agradável. Eu sou da Argentina e teño feito moitas lecturas de textos en galego, que é a lingua dos meus avós. Espero que tú sigas escrevendo cousas tan bonitas. Saudos cordiais

  • 4 Maryjoe // Feb 1, 2010 at 5:28 pm

    Moitas gracias aos tres polas vosas palabras. Aínda que esta é a primeira entrada en galego, non será a única, teño moitas cousas das que falar :-) e farei un esforzo por intercalar o galego e o castelán no blogue. Teño moito que aprender!

    Apertas!

  • 5 Ventura // Sep 2, 2010 at 6:10 pm

    Hola.
    Recién he encontrado tu Web y me ha encantado. Felicitaciones.
    Dices: “aínda que non nacín eiquí, síntome galega de corazón porque as miñas raíces ficaronse tamén nesta terra …”
    Es lo mismo que he sentido yo por años, la diferencia está que aun no concreto el sueño de poder estar una larga temporada en esa querida tierra, aunque ya he estado dos veces pero por corto tiempo.
    Al respecto, quisiera hacerte un par de preguntas más bien personales para que me des tu opinión. Seguramente hay mucha gente que te dice lo mismo y puede ser un problema para ti responder en forma personal las consultas. Si es así, no he dicho nada. En caso contrario, favor escríbeme a mi casilla para poder hacerte esas preguntas.
    En todo caso te deseo lo mejor y que tu estadía en “nosa terra” sea siempre muy feliz.
    Unha aperta desde moi lonxe.

Leave a Comment